1.8.12

Novas xeracións

Teño un afillado, e como madriña que son ás veces comparto con el as súas horas de televisión, o cal me deu pé a reflexionar (agora que son unha nena grande) sobre os debuxos animados e chegar á conclusión de que a maioría, gusten ou non, son unha merda.
Como xa sabemos todos, Oliver e Benji tiñan o campo de fútbol sobre un outeiro, o cal medía 2km., e os tiros a portería duraban unha eternidade (sobre todo os da "catapulta mortal" que era de todo menos mortal). Outra cousa que duraba unha eternidade eran as pelexas de Dragon Ball, pero iso son cousas que xa sabemos todos e que, para que enganarnos, molaban. 
Eu quería centrarme noutros debuxos, nos máis actuais.

Na miña opinión, os peores debuxos do mundo con diferenza son Lazy Town, porque as marionetas poden pasar, pero os seres humanos que saen neles..A protagonista ten o pelo rosa con forma de taza de váter , o cal mostra indicios de que van ser uns debuxos sumamente patéticos, deses que fan que outros progamas como o de Arguiñano ou "Saber y ganar" parezan interesantes e incluso divertidos. 
Logo esta o heroe, que leva uns pantalóns tan axustados que non deixan lugar á imaxinación. Ao que non deixan lugar tampouco é ás gónadas do mesmo, que por outra parte deben ser pequenas porque este "home", sen ánimo de ofender, está máis cerca de ser unha atractiva colexiala que o que se supón que é, un superheroe. 
O que sen dúbida é digno de mención é o antiheroe, ao que se lle pode aplicar o anteriormente dito do heroe, pero engadindo que é un ser temible que utiliza disfraces tan mordaces como o de cenoria ou de gatiño. Hai antiheroes que desexan dominar o mundo pero el desexa algo moito peor, que os pequenos non fagan deporte. 

Outros debuxos patéticos son os que teñen como protagonistas a un grupo de mulleres con cualidades extrañas, como as Winx, que teñen "poderes superespeciais" ou as Monster High, que son como Drácula, Frankestein e o home lobo convertidos nunha femia "sersi" (zorra). Logo queixámonos de que as xeracións van de mal en peor, pero que esperamos obter das nenas se lles poñemos na tele a unhas rapazas cunhas faldas "a ras de cona" e cuns tacóns que farían que Justin Bieber alcanzara a altura de Yao Ming. 

Outra mala técnica é a que utilizan os debuxos como Dora la exploradora, nos que Dora fai preguntas constantes aos espectadores cunha felicidade extrema, como invitándoos a participar coa televisión, un obxecto inerte, e como o pequeno non é tonto, non contesta ás preguntas de Dora, dando como resultado algo así:
-Que parte del viaje os ha gustado más?
[silencio]
-A mi también!
A TI TAMÉN QUE? SE NINGUÉN CHE DIXO NADA PEDAZO DE INÚTIL! SE TANTAS GANAS TES DE PREGUNTAR, POIS PREGUNTASLLE AO MONO ESE QUE LEVAS AO LADO, COMO FACÍA MARCO!

O que está claro, creo eu, é que os nenos son dunha maneira ou outra dependendo do que vexan, e é por iso que os da miña xeración, que víamos cousas como Gatocan, Pokémon, As tartarugas ninja ou Shin Chan, medramos pensando que o noso hámster era Pikachu, que funcionaría o de meter nun saco ao can e ao gato, que podíamos dominar o mundo cunha vara ou que no cu podían nacer flores. 
Eu non quero saber como van ser os pequenos dentro duns anos, pero o que está claro é que aínda que pareza imposible, van ser peores cá nós. 


[..#Siihh Là €nNbiiDiià MaTahh...Kee T d€nN PoOr kUulÒhh niiÑaTaAhH..]* -La Lore


L.




3 comentarios:

  1. Son debuxos pateticos dignos de ser mencionados. Os cinturons de berska con mais anchis que as faldas dalgunhas...
    bo traballo

    ResponderEliminar
  2. Ainda non lera esta isto, moi bo sen dúvida.
    Eu tampouco sei como van ser as novas xeracións pero o que está claro é que se nós temos un futuro moi negro... eles non o teñen nada mellor.

    ResponderEliminar
  3. Gústame que des a coñecer a Kony a través do teu blog, gústame o teu blog e gústanme os teus peixes.

    ResponderEliminar