28.8.12

Estupideces inevitables


Como seres humanos que somos (algúns máis que outros), ás veces facemos cousas que non podemos evitar porque nos producen unha sensación pracenteira e, aínda que logo sufrimos as consecuencias, volveriamos facelo. Son o que chamamos ESTUPIDECES INEVITABLES, por exemplo.

Hai varias estupideces inevitables que están bastante claras, como por exemplo a ESTUPIDEZ PERMANENTE, que ten lugar cando ti estás utilizando un permanente nun CD (é o seu uso máis normal) e nisto que te das conta de que cunha arma de tal calibre poderías escribir en calquera lado e calquera cousa, dende palabras ofensivas ata grandes graffitis reivindicativos! Pero non nos imos enganar, ti ademais de estúpido tamén es realista, polo que comezas pintando a tapa e logo, coa emoción, pintas estoxos, carpetas,  mesas e incluso o teu propio corpo, enchéndoo todo de arte abstracta, personalizándoo, deixándoo todo…feito unha merda, unha estúpida merda difícil de borrar (sobre todo a pintada do brazo, esa non sae “nin pa’ dios”).

Outro exemplo que temos bastante preto, é o do ESTÚPIDO PASTOR, ese condenado fío aparentemente inofensivo que ti, aínda sabendo que pode estar aceso, vas ir alí tocar e vas levar o merecido calambrazo que resposta á pregunta mental que ti antes te facías, esa de…”E dará moito carallazo?”.

Ademais, todos estamos sometidos á ESTÚPIDA HOSTIA, esa que utilizas para TODO. Se a radio non capta a emisora desexada ti sintonízala cunha hostia, se a TDT falla (coma sempre fai, manda carallo co invento) ti amáñala cunha hostia, e se o goberno español falla…a verdade é que está fallando e eu non vexo que ninguén lles meta hostias.

 E por último, a estupidez máis moderna, porque agora co das redes sociais aburrirse é moito máis aburrido (si, é así, sabes que é aburrido e noxento e aínda así entras) e lévanse a cabo ESTUPIDECES ABURRIDAS, que a miúdo teñen moito que ver co botón de “Inicio”, porque chega un punto no que estás tan sumamente aburrido que lle dás desesperadamente ao botón “Inicio” coa estúpida esperanza de que dunha das veces, ao darlle e actualizarse a páxina, haxa unha novidade que che alegre o momento. A verdade é que nin ti mesmo sabes que tipo de novidade esperas, porque os eventos pasalos polo forro e os comentarios nin sequera te vas molestar en contestalos, polo que eu creo que o que o teu subconsciente espera en realidade é algo como “Etiquetáronte nunha foto guarra”,”Tes un comentario guarro no teu taboleiro” ou incluso “Tes unha nova petición guarra dunha amizade guarra” (non sirve de nada enganarse, só esperades cousas guarras).

Xa sabedes, tomade exemplo e non intentedes evitar estupideces coma estas, que para algo son inevitables! (E para algo o ser humano é estúpido, ou non?)

Só existe un deus, chámase morte, e só hai unha cousa que dicirlle á morte: "Hoxe non".

L.

22.8.12

BICarte.


Moi pronto publicarei unha nova entrada como as que acostumo a facer, pero gustaríame poder darvos a coñecer tamén o que eu denominei como BICarte. Existe grazas a un artista como os que hai poucos, un home que cun boli Bic azul consegue unhas escenas moi realistas e indiscutiblemente boas, el chámase Juan Francisco Casas e fai obras de arte como as que aqui vos deixo!





11.8.12

Cerrado por vacacións, pero só unha semaniña! Grazas por tódalas visitas que recibe o blog!

1.8.12

Novas xeracións

Teño un afillado, e como madriña que son ás veces comparto con el as súas horas de televisión, o cal me deu pé a reflexionar (agora que son unha nena grande) sobre os debuxos animados e chegar á conclusión de que a maioría, gusten ou non, son unha merda.
Como xa sabemos todos, Oliver e Benji tiñan o campo de fútbol sobre un outeiro, o cal medía 2km., e os tiros a portería duraban unha eternidade (sobre todo os da "catapulta mortal" que era de todo menos mortal). Outra cousa que duraba unha eternidade eran as pelexas de Dragon Ball, pero iso son cousas que xa sabemos todos e que, para que enganarnos, molaban. 
Eu quería centrarme noutros debuxos, nos máis actuais.

Na miña opinión, os peores debuxos do mundo con diferenza son Lazy Town, porque as marionetas poden pasar, pero os seres humanos que saen neles..A protagonista ten o pelo rosa con forma de taza de váter , o cal mostra indicios de que van ser uns debuxos sumamente patéticos, deses que fan que outros progamas como o de Arguiñano ou "Saber y ganar" parezan interesantes e incluso divertidos. 
Logo esta o heroe, que leva uns pantalóns tan axustados que non deixan lugar á imaxinación. Ao que non deixan lugar tampouco é ás gónadas do mesmo, que por outra parte deben ser pequenas porque este "home", sen ánimo de ofender, está máis cerca de ser unha atractiva colexiala que o que se supón que é, un superheroe. 
O que sen dúbida é digno de mención é o antiheroe, ao que se lle pode aplicar o anteriormente dito do heroe, pero engadindo que é un ser temible que utiliza disfraces tan mordaces como o de cenoria ou de gatiño. Hai antiheroes que desexan dominar o mundo pero el desexa algo moito peor, que os pequenos non fagan deporte. 

Outros debuxos patéticos son os que teñen como protagonistas a un grupo de mulleres con cualidades extrañas, como as Winx, que teñen "poderes superespeciais" ou as Monster High, que son como Drácula, Frankestein e o home lobo convertidos nunha femia "sersi" (zorra). Logo queixámonos de que as xeracións van de mal en peor, pero que esperamos obter das nenas se lles poñemos na tele a unhas rapazas cunhas faldas "a ras de cona" e cuns tacóns que farían que Justin Bieber alcanzara a altura de Yao Ming. 

Outra mala técnica é a que utilizan os debuxos como Dora la exploradora, nos que Dora fai preguntas constantes aos espectadores cunha felicidade extrema, como invitándoos a participar coa televisión, un obxecto inerte, e como o pequeno non é tonto, non contesta ás preguntas de Dora, dando como resultado algo así:
-Que parte del viaje os ha gustado más?
[silencio]
-A mi también!
A TI TAMÉN QUE? SE NINGUÉN CHE DIXO NADA PEDAZO DE INÚTIL! SE TANTAS GANAS TES DE PREGUNTAR, POIS PREGUNTASLLE AO MONO ESE QUE LEVAS AO LADO, COMO FACÍA MARCO!

O que está claro, creo eu, é que os nenos son dunha maneira ou outra dependendo do que vexan, e é por iso que os da miña xeración, que víamos cousas como Gatocan, Pokémon, As tartarugas ninja ou Shin Chan, medramos pensando que o noso hámster era Pikachu, que funcionaría o de meter nun saco ao can e ao gato, que podíamos dominar o mundo cunha vara ou que no cu podían nacer flores. 
Eu non quero saber como van ser os pequenos dentro duns anos, pero o que está claro é que aínda que pareza imposible, van ser peores cá nós. 


[..#Siihh Là €nNbiiDiià MaTahh...Kee T d€nN PoOr kUulÒhh niiÑaTaAhH..]* -La Lore


L.