Como seres humanos que somos (algúns máis que
outros), ás veces facemos cousas que non podemos evitar porque nos producen
unha sensación pracenteira e, aínda que logo sufrimos as consecuencias,
volveriamos facelo. Son o que chamamos ESTUPIDECES INEVITABLES, por exemplo.
Hai varias estupideces inevitables que están
bastante claras, como por exemplo a ESTUPIDEZ PERMANENTE, que ten lugar cando
ti estás utilizando un permanente nun CD (é o seu uso máis normal) e nisto que
te das conta de que cunha arma de tal calibre poderías escribir en calquera
lado e calquera cousa, dende palabras ofensivas ata grandes graffitis
reivindicativos! Pero non nos imos enganar, ti ademais de estúpido tamén es
realista, polo que comezas pintando a tapa e logo, coa emoción, pintas estoxos,
carpetas, mesas e incluso o teu propio
corpo, enchéndoo todo de arte abstracta, personalizándoo, deixándoo todo…feito
unha merda, unha estúpida merda difícil de borrar (sobre todo a pintada do
brazo, esa non sae “nin pa’ dios”).
Outro exemplo que temos bastante preto, é o do
ESTÚPIDO PASTOR, ese condenado fío aparentemente inofensivo que ti, aínda
sabendo que pode estar aceso, vas ir alí tocar e vas levar o merecido
calambrazo que resposta á pregunta mental que ti antes te facías, esa de…”E
dará moito carallazo?”.
Ademais, todos estamos sometidos á ESTÚPIDA
HOSTIA, esa que utilizas para TODO. Se a radio non capta a emisora desexada ti
sintonízala cunha hostia, se a TDT falla (coma sempre fai, manda carallo co
invento) ti amáñala cunha hostia, e se o goberno español falla…a verdade é que
está fallando e eu non vexo que ninguén lles meta hostias.
E por
último, a estupidez máis moderna, porque agora co das redes sociais aburrirse é
moito máis aburrido (si, é así, sabes que é aburrido e noxento e aínda así
entras) e lévanse a cabo ESTUPIDECES ABURRIDAS, que a miúdo teñen moito que ver
co botón de “Inicio”, porque chega un punto no que estás tan sumamente aburrido
que lle dás desesperadamente ao botón “Inicio” coa estúpida esperanza de que dunha
das veces, ao darlle e actualizarse a páxina, haxa unha novidade que che alegre
o momento. A verdade é que nin ti mesmo sabes que tipo de novidade esperas,
porque os eventos pasalos polo forro e os comentarios nin sequera te vas
molestar en contestalos, polo que eu creo que o que o teu subconsciente espera
en realidade é algo como “Etiquetáronte nunha foto guarra”,”Tes un comentario
guarro no teu taboleiro” ou incluso “Tes unha nova petición guarra dunha
amizade guarra” (non sirve de nada enganarse, só esperades cousas guarras).
Xa sabedes, tomade exemplo e non intentedes
evitar estupideces coma estas, que para algo son inevitables! (E para algo o
ser humano é estúpido, ou non?)
Só existe un deus, chámase morte, e só hai unha cousa que dicirlle á morte: "Hoxe non".
L.
Os debuxos de BICarte parecenme unha maravilla, e tamen me parece que o teu inxenio escribindo vai por o mesmo camiño. Noraboa.
ResponderEliminarDáseche ben a música, o debuxo, a bioloxía e a escritura. Chavala, de que vas, deixa algo pra os demais.
ResponderEliminar