16.2.13

O mellor regalo da miña vida.

Adaptación dun discurso de Stacey Kramer.

Pensa nun regalo. Gustaríame que o imaxinaras na túa mente. Non é demasiado grande... Ten máis ou menos o tamaño dunha pelota de golf. Agora concíbeo todo envolto, pero antes de mostrarche o contido, direiche que este regalo vai facer cousas incribles por ti. Vai unir a toda a familia, e vai facer que te sintas máis querido e apreciado que en toda a túa vida. Vas estar en contacto con amigos e coñecidos que non vías dende facía anos, que te van encher de palabras bonitas e te van admirar.
Este regalo vai poñer en orde as cousas máis importantes da túa vida, vai redefinir o sentido da palabra "espiritualidade" e "fe". Vas entender dunha maneira diferente o teu propio corpo e vas ter unha forza e unha vitalidade única. Ampliarás o teu vocabulario, coñecerás xente nova e terás unha vida máis sá, e ademais pensa que vas ter vacacións de oito semanas nas que non farás absolutamente nada.
Comerás toda clase de pratos exóticos e recibirás camións de flores e chocolate. A xente dirache: "Ei! Véxote estupendamente! Fixéchete algo novo?" . Vas ter un suministro de por vida de boas drogas e vas ser inspirado, motivado...e humillado. A túa vida vai ter un novo significado: paz, saúde, serenidade, felicidade e equilibrio. 
Seguro que te estás preguntando cal é o precio a pagar. Tan só cincuenta e cinco mil dólares. É unha oferta incrible! Sei que xa estás morrendo de ganas de saber que é e onde podes conseguilo. "Pódese conseguir en Amazon? Ten o logo de Apple? Hai lista de espera?". Probablemente non.
Este regalo chegoume fai cinco meses, e cando estaba todo envolto víase máis ou menos así:



Sei que non parece moi bonito a simple vista. A súa forma final era esta:








É unha xema rara, un tumor cerebral: hemangioblastoma. Este foi o meu regalo, e é certo que agora estou ben, pero non che desexo este regalo e de feito estou segura de que ti tampouco o queres. Eu non cambiaría a miña experiencia por nada, porque esto alterou profundamente a miña vida dunha forma que non esperaba, así que a próxima vez que te enfrontes a algo inesperado, non desexado ou confuso, considera que quizais podería ser un regalo. 

L.

3.2.13

Mexamos por vós, dicide que chove.

E mentres, nos "informativos" contámosvos como Esperanza se fai cazatalentos, como Shakira ten un filllo que se chama Milan e non Milán e como nonseique asesino de touros fai nonseique coa súa vida.
Pero non vos imos contar só cousas que vos resulten interesantes, tamén vos imos educar con ela, que para algo serve. Tedes que aprender que só podes ascender cagando por riba dos de abaixo, que o camiño se fai pisando aos demais e que o éxito dunha persoa se esconde na miseria dos demais. Tedes que aprender que as boas accións só serven de algo se obtes un beneficio persoal, e que o importante eres ti, que os demais só están aí para que ti poidas beneficiarte dos máis ignorantes.
Aprendede que o máis beneficioso é roubar, pero que se o fas tes que roubar millóns e millóns, porque se roubas para que os teus fillos poidan levarse algo de pan á boca imos mandarte ao cárcere e deixaremos que os teus nenos morran de fame. E que a quen se lle ocorre roubar por necesidade! Estos pobres...Por certo, se te casas con alguén da "Familia Real" non roubes ata os dentes de ouro de teu sogro, a ver se van ter que tomar serias medidas e te eliminan da páxina da "Casa Real"!
E se por algunha casualidade eres desa xente rara que non rouba en España, será porque eres un empresario podre de cartos. Se o eres, deberías gañar máis fama doando moitos, moitos cartos a asociacións destas que axudan aos nenos negros, pero non lle vaias contar a naide que eses nenos ao mellor son irmáns dos que ti tes traballando dende os 4 anos nun barco fabricando zapatillas!
E se aínda eres un neniño e non sabes o que queres ser de maior, deixa de lado esas absurdas ideas de ser astronauta, bombeiro ou médico. O que tes que facer é ser profe, profe de relixión. Vale, ao mellor non eres ti moito deso da fe, pero iso non é importante, o que tes que facer é lamberlle o cú a un bispo para que che de traballo. Eso si, o traballo vai estar moito mellor pagado que os mestres que levan exercendo 30 anos da súa vida. E non tes porque facer tódalas horas que deberías, tómate un respiro, que contarlles mentiras a nenos fáciles de manipular é un traballo moi canso.
E se por algunha casualidade eres unha persoa normal, con traballo, casa e familia, non tes de que preocuparte. Ti segue sentado no sofá e sen protestar, que xa imos nós un día destes sacarche a casa e o traballo. A ver, telo que entender, o teu traballo tiña que darllo a un primo dun amigo de miña irmá, e pola casa non pagache 6 veces máis do que en principio acordaramos. É culpa túa.

Hai dous tipos de ditadores, os impostos e os elixidos, que son os políticos. - Bob Marley

L.