16.2.13

O mellor regalo da miña vida.

Adaptación dun discurso de Stacey Kramer.

Pensa nun regalo. Gustaríame que o imaxinaras na túa mente. Non é demasiado grande... Ten máis ou menos o tamaño dunha pelota de golf. Agora concíbeo todo envolto, pero antes de mostrarche o contido, direiche que este regalo vai facer cousas incribles por ti. Vai unir a toda a familia, e vai facer que te sintas máis querido e apreciado que en toda a túa vida. Vas estar en contacto con amigos e coñecidos que non vías dende facía anos, que te van encher de palabras bonitas e te van admirar.
Este regalo vai poñer en orde as cousas máis importantes da túa vida, vai redefinir o sentido da palabra "espiritualidade" e "fe". Vas entender dunha maneira diferente o teu propio corpo e vas ter unha forza e unha vitalidade única. Ampliarás o teu vocabulario, coñecerás xente nova e terás unha vida máis sá, e ademais pensa que vas ter vacacións de oito semanas nas que non farás absolutamente nada.
Comerás toda clase de pratos exóticos e recibirás camións de flores e chocolate. A xente dirache: "Ei! Véxote estupendamente! Fixéchete algo novo?" . Vas ter un suministro de por vida de boas drogas e vas ser inspirado, motivado...e humillado. A túa vida vai ter un novo significado: paz, saúde, serenidade, felicidade e equilibrio. 
Seguro que te estás preguntando cal é o precio a pagar. Tan só cincuenta e cinco mil dólares. É unha oferta incrible! Sei que xa estás morrendo de ganas de saber que é e onde podes conseguilo. "Pódese conseguir en Amazon? Ten o logo de Apple? Hai lista de espera?". Probablemente non.
Este regalo chegoume fai cinco meses, e cando estaba todo envolto víase máis ou menos así:



Sei que non parece moi bonito a simple vista. A súa forma final era esta:








É unha xema rara, un tumor cerebral: hemangioblastoma. Este foi o meu regalo, e é certo que agora estou ben, pero non che desexo este regalo e de feito estou segura de que ti tampouco o queres. Eu non cambiaría a miña experiencia por nada, porque esto alterou profundamente a miña vida dunha forma que non esperaba, así que a próxima vez que te enfrontes a algo inesperado, non desexado ou confuso, considera que quizais podería ser un regalo. 

L.

Ningún comentario:

Publicar un comentario