7.1.13

E de súpeto, espertei.

Hoxe soñei que todo era mentira, que non existían nin a guerra, nin a paz, nin os enfermos, nin as menciñas; que non existían as bandeiras nin as pombas mensaxeiras. Hoxe  soñei que todo era mentira, que non existían os parados por dereitos, que os políticos eran de plastilina e que non existía ningún desastre que non puidera amañar un xastre.

E de súpeto espertei, e cal foi a miña sorpresa cando na tele, no diario das tres, un home mataba aos seus fillos a paos para vingarse así da súa ex muller. De súpeto espertei e, coma se dun soño se tratase, vin que o mundo era un papel onde un home con poder pintaba garabatos para lavarse as mans despois. De súpeto espertei e, coma sempre, este fodido mundo, tan extraño como absurdo, tan cruel como taciturno, comezou a andar ao revés.

Hoxe soñei que todo era mentira, que no mundo non existía a desigualdade, que os nenos non morrían de sida e que non existían nin primeiros nin últimos por ser estranxeiros.

E de súpeto espertei e vin a catro individuos na tele pelexando polo poder, mentres na rúa un pobo escravizado buscaba no lixo algo que comer. E de súpeto espertei e vin como detrás dun movemento sempre había un porque, e vin a ditadores, máis que postos por vostede, matar en nome da paz.  E de súpeto espertei e, coma sempre, este fodido mundo, tan extraño como absurdo, tan cruel como taciturno, comezou a andar ao revés. 

E agora non sei cal é o soño nin cal é a realidade. Pensamos que imos sen dono, mais que falta de verdade. 
E non hai peor que o que non quere ver por moi duro que sexa mirar. Resúltame tan difícil crer que existe o destino cando todo o mundo baila e catro tiran dun fío...

E aínda que esta humilde entrada nunca vaia servir para nada, hoxe durmirei máis tranquila.


Texto orixinal: "De repente desperté" - Melendi