4.7.12

Berlín

Tradución e adaptación da curtametraxe de J. Enrique Sánchez - Berlín


Pois resulta que unha muller se me achega nun bar e dime:
-Coño Marcos, que fas aquí!? Non te vía dende Berlín! Como estás? Véxote moi ben.
Eu por suposto non me chamo Marcos e por suposto nunca estiven en Berlín, pero ela chámase Helena e ten dúas boas tetas, un bo cu, unha cara bonita e unha sonrisa que non me recorda a ninguén en particular pero que fai que desexe ter coñecido a alguén con ese sorriso. 
Polo tanto eu fágome o tolo e ela pide dúas cervexas e eu outras dúas. A ela faille gracia e rise, eu ríome con ela e ela ponse a contar anécdotas de cando estábamos en Berlín que, por suposto, eu non coñezo pero asinto, bebo da miña copa e ela bebe da súa. Todo parece estar ben porque eu boto un sorriso e ela sorrí e os dous facemos boa parella alí sentados nun bar sorrindo por anécdotas que nunca me pasaron, pero ela non o sabe.
Eu miro as súas tetas e o seu cu e trato de imaxinar quen carallo é ese Marcos e que fixo para ter tanta sorte alí en Berlín. Pregúntome se ela me deixaría repetir aínda que eu nunca fixen nada con ela en Berlín (nin en ninguna outra parte) pero eso non quere dicir que non queira facelo.
Entón ela dime que se mudou fai pouco a unha casa que está alí cerca de aquel bar, que que me parece que nos tomemos a última no seu salón. Eu dígolle que me parece xenial porque alí non hai quen fale e apenas me estou enterando de todo o que me conta sobre ela e eu en Berlín e teño medo de que sexa unha información que logo necesite para facer con ela o que Marcos, ou sexa eu, fixen en Berlín  con ela, aínda que nunca fixen nada.
Saímos do local e camiñamos 500 metros ata o seu portal. Ela colle o meu brazo e apoiase no meu ombreiro e eu poño a man no seu antebrazo. Todo non parece estar ben, pois todo parece estar moi ben. Subimos os cinco pisos sen ascensor ata a súa casa e cando chego arriba eu non estou canso, estou quente. Sigo mirándolle as tetas e o cu, pero sobre todo o seu sorriso e esa cara bonita que eu nunca vira antes de esa noite. Ela pon unha copa para min e outra para ela, eu béboa, boto un sorriso e míroa ata que deixa a súa copa na mesa e eu fago o mesmo.
Mírame, acércase e bícame tocando a miña lingua. Entón descubro que xa non recordo o meu suposto nome pero non digo nada porque me custa dicir algo con outra lingua na miña boca. Quitámonos a roupa. Imos á cama. Revolvémonos. Follamos. Suamos. Rimos. Ela berra “Marcos” e eu berro “Helena” porque diso si me acordo.
Un anaco despois rematamos e quedamos deitados na cama. Ela saca unha caixa da mesiña de noite e ofréceme un cigarro que eu collo aínda que non fumo porque ao mellor Marcos si fumaba en Berlín e en outros sitios. Dedicámonos a exhalar o fume sen dicir nada e en vez de estar tenso estou moi tranquilo, non sei se porque supoño que é así como se sinte un cando folla con alguén con quen xa follou noutra cidade como berlín (ou calquera outra) ou porque me gusta esa rapaza que case non coñezo aínda que xa follei, suei e sorrín con ela.
Entón remato o meu cigarro e aplástoo contra o cinceiro. Míroa e dígolle:
-Eu nunca estiven en Berlín.
Ela mírame e dime:
-Eu tampouco.
Todo parece estar ben porque ela sorrí con ese bonito sorriso seu e sigue tendo unas boas tetas e un bo cu. Eu, non sei porque, non podo deixar de sorrir tampouco. Abrázoa e non digo nada máis, ela tampouco e os dous, pouco a pouco, quedamos durmidos. 

Porque cada día nace e morre xente e mentres nós encontramos unha morea de cousas ridículas e tamén importantes para manternos ocupados, como o amor e o sexo, aínda que non necesariamente nesa orde, e aqueles que consigan encontrar un e outro na mesma persoa deberían saber que son moi afortunados.

L.


8 comentarios:

  1. personalmente me parece un texto machista y homofobo, este blog con esta entrada se volvio una mierda

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Persoalmente pareceme unha opinión absurda e desmedida na que non ten cabida a calificación de "blog de merda". Por outra banda non sei onde atopas a homofobia, se non sabes o que significa o termo búscao na wikipedia e logo pensa se sabes utilizalo.

      Eliminar
    2. Persoalmente vouche dar un consello, pensa antes de comentar, porque o teu comentario non ten nin base nin fundamento, e aquí só deberían poñerse críticas construtivas, o resto van, na miña opinión, ao caldeiro do lixo. E respecta o traballo das persoas, que ninguén te obriga a ler este blog.
      No tocante a autora non podo máis que darlle a miña máis sincera noraboa. Grazas por facernos pasar uns anacos tan bos. SIGUE ASÍ!!!

      Eliminar
  2. este blog comeza a merecera pena cando inclue a palabra "follar". hahaha

    ResponderEliminar
  3. Un gran blog e unha gran autora. E a quen non lle guste quen mire!!! Que por outra banda eu tampouco entendo esta crítica.

    ResponderEliminar
  4. Personalmente, o de comentar de forma anónima paréceme ata certo punto unha estupidez.

    Eu tampouco estiven nunca en Berlín.

    ResponderEliminar