E así comezan os de Galicia Bilingüe cubríndose de gloria e tratando aos Equipos de Normalización Da Lingua coma se fosen os Illuminati. Deixeivos aí arriba a presentación, pero son máis de 70 diapositivas e son consciente de que lelas é demasiado traballo para levar a cabo nas horas que dedicas a estar no ordenador, así que deixo aquí abaixo unhas capturas de pantalla que vos darán unha idea de que vai a cousa. Comezamos polas presentacións:
Comezan xa deixando claro que, a pesar de ser claramente
Galicia Bilingüe, traducindo ao español webs en galego para unha "maior difusión fóra de Galiza". Son eles, os mesmos que defenden o bilingüismo na Administración pública, xa ves ti... Hipocrisía? Onde?
Aquí pasan a falar da páxina web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, onde hai uns vídeos sobre "O que vai supoñer o decreto". A foto fala por si mesma.
COMO SE VOS OCORRE DEIXAR QUE OS ALUMNOS DEFENDAN A SÚA LINGUA EN HORAS DE CLASE? INCONSCIENTES...!
Logo hai unhas cantas diapositivas que podedes ver na presentación (da 31 á 45) nas que mostra un blog dun centro educativo a favor do galego. Nelas atacan tanto ao blog como ao coordinador do Equipo de Normalización acusándoos, entre outras cousas, de ter unha conduta violenta, radical, combativa. Mirade esas diapositivas, por favor. Despois disto, aclaran os de GB:
Unhas diapositivas máis adiante (a partir da 64) describen o que eles queren facer ver nuns vídeos do Equipo de Normalización dun centro educativo diferente: volvemos entón á conduta radical e combativa, esta vez da man dunha canción de Dios ke te Crew, Herdeiros da dictadura.
Velaí van outras máis:
As imaxes falan por elas mesmas. Déixovos tamén aquí a denuncia e investigación que parece estar levando a cabo esta penosa asociación españolista. Dende aquí, igual que fixeron dende Centeás, tamén volo agradecemos, campións!
Laura
É patético, PATÉTICO! O nome que teñen engana a moita xente que non sabe moi ben como está a cousa con esta asociación. Xente que pensa que defenden o galego e o seu uso na ensinanza agora poderán darse de conta da merda que están levando a cabo. Galicia BilingÇue non representa aos galegos. Non nos representa.
ResponderEliminarGrazas, agora poderei darme cabezazos contra o monitor mentres estou a ler as 72 diapositivas que só falan merda. En serio, grazas.
ResponderEliminarGalicia Bilingüe OS COLLÓNS
ResponderEliminarEntrada moi currada. Reflicte moi ben cal é a idea de GB ao respecto do galego.
ResponderEliminarSON UN FEIXE DE ESPAÑOLISTAS!
ResponderEliminarGrazas, non sabia tal cousa
APLAUSOS!
ResponderEliminar