30.6.13

Largade!

[Tradución dun artigo de Risto Mejide en El periódico.]

Largade dunha vez. Largade, si. Os que trincades, os que trincastes, os que permitistes que outros trincaran e os que aínda hoxe non facedes nada por que se deixe de trincar. Todos. Sobrades, de verdade, deixádenos en paz dunha puta vez.


Dades ASCO. A vosa falta de vergoña levou a nosa ata límites que xamais deberíamos ter coñecido. E agora cubrídesvos o cu entre vós, un cu que tedes tan sucio que ata as pústulas da vosa ignorancia vos invadiu o cerebro, e xa non é posible distinguir as vosas declaracións recheas de merda da peste que emana dunha bosta común.

Calade. Calade dunha vez. Deixade de contaminar os medios, as noticias e o noso estado de ánimo. Deixade de facer comunicados e rodas de prensa, disolvede tódolos acordos, deixade atrás os vosos privilexios e saíde coa cabeza ben baixa e as mans en alto.

Deixade de desanimar á xente. Deixade de dicirnos que todo foi pola nosa culpa. Deixade de tomarnos por imbéciles. Ah, e non vos atrevades a volver dicir que sodes un reflexo da sociedade na que vivides. Que se roubastes foi porque volo puxeron diante. Que sodes vítimas dun baleiro legal, dun entorno corrupto e dunha dubidosa moral. Que sodes reflexo da xente, representantes elixidos polo pobo. Vós non sodes pobo, vós sodes refugallos.
  
Devolvédeo. Devolvédeo todo. Os cartos, as propiedades, os cargos, as dietas, os sobresoldos, as comisións, a dignidade que aínda vos quede e a honra que algún día se supuxo que tiñades. E cando acabedes, devolvede a nacionalidade que se vos deu erroneamente. Porque non merecedes formar parte nin deste nin de ningún país. Non fagades nin as maletas, saltade pola borda, como as ratas, saíde nadando. E quen non saiba, que se foda. A dicir verdade, danos igual.

Pedide perdón. Desculpádevos. Ante todo aquel que votou. Ante todo aquel que pensa seguir votando. Porque eles crían nun sistema democrático que vós violastes, sodomizastes e puxestes do revés. Non, eu non vos concedo a presunción de inocencia, porque cando un deixa que certas cousas ocorran, acaba sendo cómplice aínda que só sexa por ignorancia, por desidia ou omisión.

E por último, largádevos, si, pero sen deixar rastro. Nin se vos ocorra nomear sucesores, nin xestores, nin primos segundos que quenten a vosa cadeira. Non teñades a cara dura de intentar deixar un legado, o voso único legado será a vergoña. E tampouco vos atrevades a interpoñervos NUNCA MÁIS entre a xente de ben e os seus lícitos obxectivos. Porque neste país aínda quedan cidadás, empresas e incluso algún político honrado que constrúe, que sigue loitando e que agora xa só ten unha misión: que non lles fodades a vida, que lles deixedes facer.   

Seguide crendo que non pasará nada, porque así quedara menos para que pase. 

L.

2 comentarios:

  1. Equivocaste(se) non é cuestión dun par de persoas, nin de Mariano nin de Rubalcaba. Isto vai soar radical, pero aí vai: a culpa é do sistema. E non existen políticos honrados nun sistema capitalista, porque é este mesmo o que promove as mentiras e engaños como modo de facer política á nosa costa pra simplemente gañar cartos. E menos nesta socialdemocracia herdada directamente do franquismo.
    O que fai falta é un cambio de base (non de superestrutura).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estou de acordo co que dis ao respecto do sistema, pero tamén coa entrada. Vale que o sistema capitalista sempre vai ser inxusto, que a solución é cambiar a base, pero se polo camiño nos desfacemos duns cantos políticos manipuladores e corruptos, mellor que mellor. Por algún lado ten que comezar a cambiar todo.
      Moitas grazas pola crítica.

      Eliminar