7.10.12

Ser política é o que ten.

Saín elexida a delegada da clase. Eu, delegada. Nin sequera sei cales son as miñas funcións como tal...Espera, iso soame de algo. Alguén gañando unhas eleccións sen ter nin idea do que vai ter que facer no seu cargo... Ahh xa sei a quen me recorda! Era Mariano!
Así que creo que, dunha forma ou outra, pasei a formar parte dunha especie de "política" dentro do instituto, polo que terei que facer cousas coma o cu polo ben da clase. O bo é que eu non tiña programa electoral, así que non vou ter que incumplir patéticas promesas desas que soan a mentira dende o momento no que saen da boca ata o momento en que desaparecen no aire dicindo que "no había más remedio".
Ademais, ser delegada nos tempos que corren vai ser difícil, pois terei que adoptar medidas de axuste moi drásticas para embolsarme cartos para o peto mellorar a situación actual. Ou sexa, iso que chaman putos recortes "necesarios".
Vou intentar tomar exemplo dos meus superiores para facelo da mellor forma de enganarvos posible. O mellor é comezar facendo cambios completamente innecesarios para que a xente vexa que estou implicada no meu cargo e que teño moito interese en mellorar a situación. Por exemplo, aquí o señor alcalde decidiu que era mellor renovar o asfalto da avenida Terra Chá porque estaba moito mellor que o de outras rúas todas vacheadas lixeiramente deteriorado. Así, eu teño pensado mandar sacar as plaquetas do chan e volvelas poñer, pero ollo! Só as que estén nas zonas máis visibles, non as que estean rotas. Desta forma todos vos enganaredes daredes conta de que son a mellor opción ante a crise.
Logo, unha vez que xa esteades convencidos, comezarei a sacarvos as cousas máis necesarias prescindibles, como a calefacción ou os extintores. Que si, fiádevos de min, que isto fixoo Mariano coa sanidade e fixo ben, que "o importante é ter saúde ter un coche que sexa a caña e a barba ben recortadiña!".
Outro exemplo a seguir do goberno actual é o moito que miran por nós. Desta forma, en vez de roubarnos facer que nos adaptemos dunha forma brusca, van pouco a pouco introducíndonos na súa propia dictadura democracia, recortando pouquiño a pouco para que o notemos o menos posible. E isto eu vouno facer así: primeiro cousas básicas. Para que queredes xiz se podedes escribir con cuspe sobre o polvillo blanco? Pois iso, xiz fora. E por suposto, subirei as fotocopias a 50 céntimos cada unha e o 90% dos cartos utilizareino para comprarme os meus antollos mellorar os servizos públicos. Despois comezarei a encender só a metade das luces e abrir as persianas só á metade. Logo, cando xa non vos chegue a luz e esteades medio cegos, sacareilles ás sillas é as mesas unha das catro patas, que con tres ben se vive. E ao final, claro está, meterédesvos a hostia parda porque perderedes o equilibrio sobre as tres patas que vos quedan na silla, pero cun pouco de sorte non sabedes que fun eu a que vos fodín porque casi non viades dentro da clase.
E isto é básicamente o que farei. E se por algún motivo vos dades conta de que vos estou utilizando limitando a vosa forma de vida habitual e se vos ocorre queixarvos, eu non vos farei nin puto caso privarei de facelo, é máis, enviareivos aos simios e ignorantes que teño por antidisturbios corpos de seguridade para que eviten que vos volvades queixar nun futuro haxa accidentes se se dera o caso de que a alguén se lle fora a man coa manifestación.
Pero, como digo, todo polo voso ben e sempre evitando levar a cabo, na medida do posible, medidas que vos perxudiquen, claro :)

P.D.: A próxima entrada xa non terá este ambiente político (se a situación non me forza a facelo). Temos algúns proxectos entre mans que poden quedar realmente ben, pero vainos levar un tempiño porque ademais andamos co instituto a voltas, así que perdoade se non actualizo con tanta regularidade coma antes!
E mooooitas grazas por todos os comentarios, sexan anónimos ou non, e por esas 2500 visitas! Que esas cousas son as que animan a unha a seguir facendo o que fai! ;)

"A violencia é o medo aos ideais dos demais"-Mahatma Gandhi

L.

6 comentarios:

  1. Murmuraban as miñas veciñas...7 de outubro de 2012, 15:57

    ...que eres a dona da oratoria e da retranca

    ResponderEliminar
  2. MANDA CARALLO! SEICA DIN QUE ESPABILACHE!

    ResponderEliminar
  3. O peor é que é verdade.

    ResponderEliminar
  4. E cando cremos que xa non nos podes fastidiar máis... OBLIGASNOS A USAR GOMAS DESAS CUNHA PARTE AZUL DE "BOLI" QUE NON BORRA UN CARALLO!

    ResponderEliminar
  5. Joder, e ainda vai haber quen se queixe, esta política non ten nada de novedoso así que: ADIANTE CON ELA!!! Ademais, como eu son de A, súdama bastante, como lla suda a xente cando as cousas non lles afectan directamente... En fin,que xa pasarei por B para ver como vos dades a ostia parda, jajaja.

    ResponderEliminar
  6. Oe, que se queres 'enchufarme' nalgún cargo xa sabes onde estou

    ResponderEliminar