28.10.12

Eche o que hai!

Uoooola! Imaxínate só por un momento que agora estivera prohibido saír á rúa coas bragas de cor vermello, ou que non se puidera entrar nun baño público por ter un lunar no brazo dereito, ou que...eu que sei, que non se puidera ir a clase con pantalóns. Vale, isto non é un bo exemplo porque nalgún caso sería perfecto! Aínda que noutros...noutros sería algo coma isto:

O caso é que o pasado xoves en Madrid aprobouse unha nova lei que di que un dos requisitos para poder ser taxista é "non padecer enfermidades infecto-contaxiosas ou impedimento físico ou psíquico que imposibilite ou dificulte o exercicio normal da profesión". Iso en principio parece unha lei obvia, porque se a ninguén lle gusta saír do taxi coa carteira vacía, menos lle gusta saír cunha tuberculose ou algo así, supoño eh, non sei, hai xente para todo. POIS NON! NON É OBVIA! E non o é porque esta lei inclúe tamén á xente con VIH ou con outro tipo de enfermidades de transmisión sexual. Eu non quero pasarme de lista, pero nos meus tempos ser taxista só consistía en conducir un taxi, non? Pois logo... non o entendo.

O noso goberno é admirable, as nosas leis son envidiables e Mariló Montero é...unha presentadora de televisión "moi tranquila", según ela, porque os órganos dun asasino doante non van ser transplantados. E non foi dicir que levaban asociada a alma do tipo? Isto recórdame ao capítulo dos Simpsons no que Homer se transplanta o pelo de Snake e se volve malo. Creo que o repetiron tantas veces en Antena3 que a pobre muller acabou créndoo, así que espero que non vira moitas veces tamén ese no que Burns tapa o Sol, senón imos fodidos. 

E é que o mundo vai moi mal, moi moi mal. Xa dixo o rei que "España dende dentro dá ganas de chorar" Di que si Juancar! Di que si! Se tes toda a razón do mundo! De verdade, e que temos un rei que cae moi, moi ben! Se con xente así dá gusto.
O que está claro é que podería ser peor. Vale, xa sei que cada día 170 persoas aproximadamente están perdendo a súa casa e todo o que teñen, véndose na rúa cos fillos e coas cazolas ao lombo, e que unhas 40.000 persoas no mundo morren de fame cada día, sei tamén que existe Justin Bieber e que nos goberna un home que ten a barba e o pelo de diferente cor, e que se está a suicidar xente porque non soporta vivir na puta miseria, que hai 142 millóns de nenas casadas que nin sequera teñen 18 anos e que a xustiza ten tanto de xusta como Falete de muller...

Pero non vos preocupedes, porque todo ten a súa parte boa...ou a menos mala. Por exemplo, coa cola do paro agora non te tes que molestar en chamar a alguén para saber donde está, porque xa sabes que vai estar alí. E por suposto, non te tes que comer a cabeza con "Donde está Wally?" Porque xa sabes donde está, na cola do INEM. Ademais, sempre vai haber unha parte divertida e educativa de todo, e neste caso é esta:



"Se os galegos fósemos dinosaurios, votaríamos ao meteorito."

L.

P.D: Se alguén quere algunha foto das da dereita en maior tamaño, ou quere propoñer, comentar, regalar ou pedir algo, que me escriba un correo a laura[arroba]lucus.org!

9 comentarios:

  1. Murmuraban as miñas veciñas...28 de outubro de 2012, 00:54

    Será polo dito popular de que "un taxista sempre te fode" pero vaia que eu supoñía que era polo prezo...
    Por outro lado esta crise para xuventude é magnifica, así poden facer o botellón díante do INEM e xa están os primeiros na cola pro día seguinte, todo son vantaxes!
    Imos de cú.

    ResponderEliminar
  2. ESTOU NA LAVADOOORAAA! Ah no, é a cola do INEM!
    Eu véxolle unha parte realmente mala, e é o feito de que a xente poda ter tempo libre para ver telecinco...MTV...etc.

    ResponderEliminar
  3. HAHAHAHAHAHAHAA PLAYMOBIL INEM HAHAHAHAHAHAHAHAtriste.

    ResponderEliminar
  4. Joder Lau, non sei como o fas, pero na mesma entrada fas que me escaralle de risa , que odie (máis do que xa o facía) a persoas varias, e que reflexione un pouquiño máis sobre asituación actual. GRAZAS esigue así!!!

    ResponderEliminar
  5. SEEEEEEH NENA! Seria peor q nos gobernara Justin Bieber e que as adolescentes se volveran tolas con Rajoy!

    ResponderEliminar
  6. Gracias pola foto! Gustame moito!

    ResponderEliminar
  7. cada vez que leo unha entrada túa, máis me gusta este bloge...
    Moitos parabens por é,sigue así!

    ResponderEliminar
  8. tia non xeralices, sempre o fas e e ser hipocrita.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Murmuraban as miñas veciñas...2 de novembro de 2012, 00:42

      Si, dicir que ela SEMPRE o fai non é xeralizar,non te preocupes.

      Eliminar