Hoxe a entrada vai ser algo diferente do habitual, porque me dá a min a gana, que para iso o blog é meu. Sei que non acostumo a recomendar libros nel, pero tamén sei que O agasallo de Anya é máis que un libro infantil.
O agasallo de Anya comezou entón como tal, como un conto infantil que relata, en forma de diario, a vida de dúas nenas de once anos, Xiana e Anya. Estas van demostrarnos que a pesar de atoparse unha en Galiza e outra en Ucraína comparten moito máis do que ninguén poida crer, porque os sentimentos, as emocións e a procura da felicidade, ao fin, son factores universais e non entenden de distancia ningunha.
Pero a cousa non quedou aí. Pouco tempo despois da publicación do libro Sabela -a autora- decidiu que podía chegar máis alá e facer da súa novela un proxecto solidario cos nenos e nenas do orfanato de Vorzel'. Para isto, realizou un sorteo dunha mantiña de cores preciosa que ela mesma tecera, e por cada participación -similar á foto seguinte- ela mesma destinaba a parte económica correspondente a un exemplar da súa novela a axudar aos nenos e nenas de Ucraína.
Pero isto non acaba aquí, porque o vindeiro mércores 26 de febreiro, ás 20:00, vai ter lugar a presentación da novela na librería Biblos (en Ramón Ferreiro). Espero que teñades a oportunidade de ir, porque teño a impresión de que este gran proxecto non remata aquí e eu estou tendo a sorte de poder vivilo de cerca e, dunha maneira ou outra, formar parte del. Moitas grazas por todo Sabela, e moi boa sorte :)
Fotografía: Diego Arias
Laura Mosquera
L.
Sen dúbida un dos mellores relatos infantís en galego da miña estantería. Parabéns ás dúas. Salvando as distancias, recordádesme a Xiana e Anya. As dúas, en dúas épocas da vida moi diferentes, estades levando a cabo un gran proxecto artístico e dáme a impresión de que vos parecedes moito. A min só me queda agradecérvolo :)
ResponderEliminarPor alusións... Moitas grazas Laura por esta entrada, é para min unha honra formar parte do teu blog que tanto admiro.
ResponderEliminarMoitas grazas tamén a ti, Xabi, polas túas palabras.
A min deixádesme sen elas (así, en baixiño, asegúrovos que eu son de números de toda a vida...)
Grazas!!! :)