É dia 24, tres días depois do fin do mundo, o que significa que eu, que escribo, e ti, que les, somos supervivintes desa falsa catástrofe. Polo tanto, o mundo segue xirando e hai que seguir poñéndoo a parir.
A verdade é que non ten moito mérito, porque mires onde mires ves merda: política, ensino, Igrexa, servizos públicos, televisión, "emprego", quentamento global, catástrofes, consumismo...
Comezamos! E imos facelo por Wert, que está máis de moda que sacarlle fotos á comida para subilo a Instagram.
Wert é un home, segundo el, "como un toro bravo, me crezco con el castigo", e como tal, todos e cada un de nós estamos desexando cortarlle as orellas e o rabo. É o elaborador dunha "reforma educativa" bastante absurda, na cal quere, a grandes rasgos, españolizarnos a todos como se fosemos ovellas dun mesmo balar, aplicar unhas reválidas co obxectivo de crear unha sociedade de burras pardas que lles lamban o cu e dar cartos aos institutos que eduquen por separado a mulleres e homes para que tódolos proxectos a favor da igualdade de xénero sexan tempo perdido. E o máis importante e horroroso, quere aumentar as horas lectivas de matemáticas. MATEMÁTICAS! E tamén de inglés. INGLÉS! Este "touro" é un gañán.
Outra cousa que quere facer é aumentar a influencia da relixión católica no ensino. Eu non digo nada peeeeero a relixión está gañando aínda máis terreo. O señor este que chaman Benedicto XVI dominará o mundo, e non teño nada na súa contra, pero chámase Ratzinger e de novo din que era nazi. De verdade que o líder da relixión católica é un racista con nome de Power Ranger e con máis anos que Jordi Hurtado? E agora encima faise un Twitter: @pontifex din que se chama, e teno completamente dominado. Segue a sete persoas, as sete son el mesmo en idiomas diferentes, e cada vez que fala cóbrese de gloria. Seica dixo o outro día "el aborto, la eutanasia y las bodas gays ponen en peligro a la paz mundial". É como para preguntarlle se é correcto o aborto dun feto gay. Estouparía, moito. E logo esta isto:
Na declaración da renta, marca a casilla da Igrexa! En fin de ano, pide pola Igrexa! Cando non teñas que facer, vai á igrexa meter monediñas nas velas! E aos pobres, que lles den! Igual que á mula e ó boi, que tamén lles deron, e non herba seca.
E hai xente que di que para mellorar o mundo a solución non é a violencia, mais eu creo que cada día se vai convertindo pouco a pouco na mellor solución. Ti imaxínate que teu veciño ten a música moi alta ás cinco da mañá. Pois vas, e párteslle as pernas! E a ver se ten el collóns a denunciarte agora que custa 300€! E se queres fodelo de verdade, chámalle a unha ambulancia, que son 5€! E se non os ten, que vaia facendo a croqueta, que aínda son unhas risas, porque facer a croqueta coas pernas rotas non debe ser fácil.
Pero a verdade é que eu non son unha persoa violenta na hora de poñelo en práctica. Na miña mente si que torturo xente, pero á hora da verdade limítome a sorrir e facer os planos dun muro de 300 km. de alto, como o de Invernalia, o cal nos separará a nós, as persoas, dos outros seres con aspecto humano como os anteriormente nomeados, ademais desa parte da familia que todos detestamos, deses profesores que non saben que a partir das cinco décimas se redondea cara arriba, e de toda esa xente de telecinco.
Moi boas festas a todos, e feliz ano novo!
P.D: Comezamos a segunda tempada! E agora tamén en Twitter! @nontemosmedo
L.
Xa que falas da Igrexa... É certo que o Papón dixo que o pesebre non tiña nin mula nin boi. Disto deducimos que o único animal con cornos que queda no susodito pesebre é San Xosé. Festival del Humor!
ResponderEliminarTouché!
EliminarE dito isto voulle dar de comer ós peixes
ResponderEliminarE digo eu o de españolizarte que consiste en educarte pra estar no paro, comer paella e ver futbol non?
ResponderEliminarNon, ser español consiste máis ben en que nos den polo cu e nos pidan que abramos as pernas.
EliminarBoa entrada, fágome fan. E non fun, fan.
Tes razón e aínda por riba esíxennos pagar a vaselina.
EliminarJajajajajajaja facer a croqueta coas pernas rotas xD
ResponderEliminar