19.9.12

Os culpables da crise.

Xa van demasiadas risas neste blog e creo necesario tamen tratar a parte seria da situación actual que todos estamos vivindo, así que decidín que as mellores palabras para facelo son as de Alba, e como non, puxenme a traducila!
Aí vai:

Encántache o diñeiro, e o poder. Tes máis cartos dos que poderías gastar en toda a túa vida, pero aínda así queres máis, e máis, E MÁIS. Especulache co que che deu a gana sen importarche o máis mínimo as consecuencias que puidera ter. Estafache con inmobles, petróleo, recursos humans e incluso comida.
Ti e os teus amiguiños sodes os culpables de que estemos metidos nesta trampa social e económica e agora chorádes para que vos saquen as castañas do lume e sodes tan inútiles que nos responsabilizades aos demais.
Queredes que apertemos o cinturón e mentres vós vaixádesnos os pantalóns. Que traballemos máis cobrando moito menos, incluso gratis se fai falla, e mentres imaxínovos nalgunha luxosa habitación dalgún hotel repartíndovos a pasta como se a gañarades por vós mesmos.
Pero isto non é de agora. Fai anos que nos vides enganando, pero xa non vos podedes agochar. Sabedes ben quen sodes, todos o sabemos! Xa non nos enganades e os que faltan por enterarse daranse conta.
Tivésteisnos entretidos, enganados, pelexándovos para ver de quen é a culpa, se deste goberno, se do anterior ou do anterior, se é dos empresarios ou dos sindicatos. Ninguén vos tiña en conta, pero non era casualidade. Xa vos encargárades de comprar aos medios de comunicación para que se pelexaran entre eles, pero xa non enganades a NAIDE.
Os donos dos grandes bancos, os das grandes empresas, os que manexades a Bolsa sodes os culpables disto. Enganástedes a todo o mundo para que fixésemos o mellor para vós repetindo excusas e mentiras, manipulando día tras día, e desta forma unha mentira repetida mil veces convertíase en verdade.
Que se "el mercado se autorregula", que se "España va bien", que se terrorismo por aló, que se liberdades por acolá, pero sempre utilizando cínicamente a palabra democracia, mais eran todo mentiras! Un repertorio de marionetas mentirosas compulsivas, tan convencidas do que dicían que nos enganaron a todos.
Se tanto vos gustan os cartos, xa os podedes comer, porque cando non haxa nada que comprar vai ser o único que teñades.

E eu son unha imbécil da xeración perdida, unha ilusa que cría que podíamos ter unha vida cómoda como as que viamos ao noso redor. Unha pequena que pensou que sendo boa persoa, boa estudiante, tendo unha carreira e un pouquiño de sorte podía ter unha vida digna e feliz. Unha idiota que pensaba que ao principio había que foderse, que os inicios eran duros pero que co tempo se recoñecería o meu esforzo e o meu traballo.
Somos como un burro intentando alcanzar a cenoria que colga diante das nosas cabezas, puxéronnos a mel nos beizos, pero mentiron. Pois acabouse.
Pola miña parte non penso seguir andando ata que non teña a seguridade de que son capaz de alcanzar a cenoria, e ata que non saboree esa mel que nos prometeron non penso comprarme unha casa, nin un coche. Non penso traer fillos ao mundo e moito menos pedir un crédito, endeudarme ou hipotecarme.
Ata que non teña un traballo digno e un salario decente non penso traballar, non penso mover un dedo. Peor para min, pero tamén para vós, samesugas. E se morro de fame, polo menos morrerei coa conciencia tranquila sabendo que non me poidestedes zugar o sangue.
Danos igual non ter futuro, porque tal e como estamos non hai futuro! E só espero que toda a miña xeración faga o mesmo. Pode que vaiamos afundir pero, e aí vén o mellor, levarémosvos con nós.
Somos o futuro pero non temos futuro. Pois ben, se nós somos os que temos que asegurar as vosas pensións levádelo claro. Seguide explotando os recursos e as persoas. Seguide xogando cos cartos do petróleo, das casas ou do arroz porque non vos vai servir de nada cando ninguén queira traballar para uns poucos.
Teredes cartos para comprar millóns de trufas blancas pero ninguén que as cultive para vós, porque estamos fartos de que vivades como deuses mentres nos dades as vosas migallas, e cando os demais vexan que só nos ofrecedes esas migallas e cando vexan que a este paso nunca desfrutaremos dunha vida normal, que todo o que nos ofrecedes é unha cenoria ao final dun pao, entón será cando teñades que comervos o voso puto diñeiro. 


                                                 Aquí o vídeo orixinal-Alba Koala Rabioso 
                        


"Detrás do home burgués sempre hai unha gran muller, detras do revolucionario non hai naide, pois a súa compañeira camiña ao seu lado, nunca detrás"
                        
L.

12 comentarios:

  1. Hai cousas nas que estou en desacordo, e aínda así creo que é o texto máis claro que lin sobre a crise ata agora.
    Ademais, son o primeiro que comenta!! Comentade carallo! que IT'S FREE!

    ResponderEliminar
  2. Quérote, cada vez máis.
    Why not? xD

    ResponderEliminar
  3. Murmuraban as miñas veciñas20 de setembro de 2012, 22:37

    E iso é así, por desgraza.

    ResponderEliminar
  4. Que a xente faga cousas destas en prol do galego mola, pero que as faga en prol da sociedade e do humor galego mai. A seguir asi :)

    ResponderEliminar
  5. WEEEEEI! Cooomo mola! SEHHH!
    Perfecto.

    ResponderEliminar
  6. Sabes cal é o punto xusto de seriedade. Sabes que, aínda que sexa un blog humorístico hai que tratar temas serios, e sabes como e cando tratalos.
    Agora, ensínanos a túa galería fotográfica ;)

    ResponderEliminar
  7. Sinto unha mestura entre medo e rabia despois de ler esta entrada

    ResponderEliminar
  8. Opino o mesmo que Joe...este blog sempre fai a un sentir algo, sexa odio polas impresoras ou amor polas señoras e neste caso o que fai sentir e algo moito mais grande...e moito mais serio.

    ResponderEliminar
  9. Buenox diax, xoy el xeñññor Rajoy y vengo a recortarle a uxté el numero de caracterexx permitidoxx para poner coxax ofenxivas para el gobierno.
    CALA CARALLO!

    ResponderEliminar
  10. (o de cala carallo era para Rajoy, ti fas ben)

    ResponderEliminar
  11. Manda carallo, é o mellor que lin en moito tempo!!! Pode que non o creas, pero ao rematar de ler esta entrada tiña os pelos de punta e os ollos cheos de bágoas. Laura eres realmente boa nisto, non pares de escribir porque fai falta moita xente coma ti para abrir os ollos deses burros que perseguen a zenoura.

    ResponderEliminar