27.6.12

Que é ser normal?

Segundo din, hai xente peor ca outra, mais eu creo que iso é moi subxectivo e ti, se vas continuar lendo isto, supoño que tamén. De non ser así, poderías explicar como hai que comportarse para ser "mellor" ou "normal"?
A xente "normal" soe seguir un patrón, como os da costura. Determinada cor de pel, relixión, sexualidade, forma física... e como existe este patrón, existe a discriminación.
Desta forma, e dito mal e rápido...
Se es negro, ZASKA! A xente vete no top-manta.
Se es chinés, ZASKA! Vendendo cousas a 10 cent.
Se es xudeu, ZASKA! Vente nun campo de concentración, nos ósos e con pixama de raias.
Se es musulmán, ZASKA! Vente atentando contra algo ou alguén.
Se falas galego, ZASKA! Vente como alguén pobre, feo, ignorante, dicindo palabras brutas, cambiando a ortografía...
Se es muller, ZASKA! A limpar na casa e coidar dos nenos.
Se es gordo, ZASKA! Ao Burguer King!
Se es ancho de costas e estreito de cú, ZASKA! Din que es homosexual, e se es homosexual, ZAASKA! Xa nin te ven!
Se levas roupa lixeira e cintas no pelo, ZASKA! A fumar porros, hippie!
Se levas a roupa curta, ZASKA! A traballar polas esquinas, puta!
Se es xitano, ZASKA! Coa "fregoneta" a roubar!
E se pensas diferente, ZAAASKA! Non queren nin verte de lonxe!
Como dirían os señores amigos de meu avó cando algo non lles entra na cabeza: "TOCATOCARALLO!"
A xente xulga sen saber, non ten tolerancia, non dá oportunidades, non sabe ver a riqueza cultural que ten diante. Non aceptan a variedade, viven na ignorancia!
Pero señoras e señores, se a gracia de vivir é vivir sendo diferente! Iso e que, ao morrer, te recorden polas túas diferenzas.
Por todo isto fai falta xente que pense doutra forma, xente que non "zaskee", persoas que se saian das liñas, que pinten por fóra, que para buscar diferenzas xa están os pasatempos do xornal!
Eu non creo na xente rara nin na xente normal, creo na xente que é un mesmo e que está convencido da súa personalidade e creo que todos deberíamos estar convencidos de quen somos e do que queremos.
Como dixo Seoane, "Cremos que o que uniformiza diminúe ao ser humano, que as diferenzas culturais enriquecen a humanidade. Nós queremos axudar a enriquecer o mundo coa nosa diferenza"

Espero que alguén saque algo en limpo disto. O que saco eu en limpo de hoxe é que hai que esforzarse máis dende o principio, senon fodidos vamos.

"Nunca se alcanza o éxito ocultando o talento e a sensibilidade."


L.




3 comentarios:

  1. Mólame, mólame e comparto plenamente esta opinión, porque o primeiro que deberían ensinarnos é a "ver" as ás persoas, a todas as persoas e porque coñecerse a un mesmo pode doer, pero é o primeiro paso para ser feliz.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que estás traballando moito nisto, é para estar orgulloso.

    ResponderEliminar
  3. Si señor!!! Comparto totalmente esta forma de pensar, porque "na variedade está o gusto". Parabéns rapariga, estalo currando moito!!!

    ResponderEliminar