21.10.12

Nisto que...

Nisto que é un novo día que trae consigo novas experiencias, novos traballos, novas sensacións e novas desgracias (ou alegrías). E ti, que estás quentiñ@ na cama espertas dun sobresalto que facilmente un día che provocará un paro cardíaco. Pero o espertador, ese aparello creado pola vontade do demo, soa estridentemente e introdúcese no teu cerebro a un volume excesivo a tales horas da maña, porque hai dúas cousas que a min me chamuscan o cerebro: esa cantidade de deciberios ás sete da mañá e a voz nasal desas mulleres do telediario que falan dunha forma extraña abrindo demasiado a boca como se estiveran informando á xente nese idioma chamado "balleno".

Nisto que se repite o ocorrido anteriormente, pero esta vez ti ergueste a unha velocidade sobrehumana sabendo que non vas chegar a tempo porque te durmiche "5 minutiños máis" que se convertiron en 10, e logo en 20, e logo nunha carreira ata o armario na cal, no camiño e descalz@, vas atopar con esa pata da cama que che vai arrancar da gorxa un berro impropio desas horas da mañá e outras cantas palabras malsoantes. E se tes os pés fríos, olvídate dunha das dedas, porque seguramente a perdas no impacto.

Nisto que colles o primeiro que atopas e resulta que o primeiro que atopas son os pantalóns que máis odias porque che caen, porque estoupas con eles ou porque se lles baixa a cremalleira.

Nisto que saes da casa e tes que volver subir porque te olvidache mesmo de sacar as zapatillas. E entón volves entrar, e volves saír e corres hacia o teu destino mentres te das conta de que:
1-Chegas tarde FIXO.
2-Olvidáchete de algo máis polo que non podes volver xa, porque se o fas a cama seducirate e non resistirás a tentación.
3- Fai un frio do demo, e como o primeiro que atopache no armario non era roupa de inverno o teu corpo está agarrotándose tanto que che doe o lombo, a mandíbula, a punta dos dedos e che moquea a nariz.

Nisto que chegas ao teu destino: tarde, mal e de arrastro. Tes unha xornada na que como moito pode ir aceptable porque TRABALLAR NON MOLA NADA e cando chegas a casa morto de fame e de mala hostia vas ao salón e na tele está posto Telecinco, chámante para comer pero aínda tes que poñer a mesa, e de comer hai esa cousa que ten un cor que che saca as ganas de probalo, unha textura que che afirma que probalo non foi boa idea e un sabor que te castiga por ir en contra das túas ideas e meterte iso na boca. 

Nisto que ías durmir a sesta pero veu facerche unha cordial visita ese familiar teu que che cae mal, porque en todas as familias o hai e sempre di "é que nunca vides tomar un café". E ti pensas "pois non, non vou, e o feito de que eu non te vaia ver debera suxerirche que ao mellor tampouco quero que veñas ti verme a min". E perdes a tarde enteira. Nin descansas, nin traballas, nin nada.

Nisto que dis "vou entreterme un cacho" e ao teu ordenador lle dá por facer algo que nunca fai, por escarallarse dunha maneira moi sutil nun momento moi preciso e dunha maneira moi normal. Nisto que encendes e che pon algo como "su copia de Windows no es original", cousa que ti obviamente xa sabes pero o sistema pensa que eres legal, ou algo como que non se oe, ou tranca, ou non vai internet ou se apaga só porque lle dá por aí.

Nisto que "Yahoo!" por primeira vez na vida non che soluciona o problema e ti te sintes traizoado porque el era o teu máis fiel amigo, pero xa non, xa non podes contar con el.

E nisto que, despois de non cear as sobras desa comida que che provocou arcadas anteriormente, ducharte con auga máis fría do que che gustaría e con pouca presión, te vas deitar con dúas dedas menos (pois volviche dar na pata) e coa idea de que mañá ao mellor é mellor non erguerse ata que cho pida o corpo, non?
POIS NON, porque ao mellor non tes sorte e mañá aínda é martes!

"Ama a vida que vives, vive a vida que amas"- Bob Marley

L.

4 comentarios:

  1. Pois si, os dias coma ese son horribles. Creo que o que nos gusta do teu blog e que contas couaas que todo o mundo entende e se site identificado con elas! :)

    ResponderEliminar
  2. Non hai cousa peor. Vale si, un martes con matemáticas a última hora.

    ResponderEliminar
  3. Algo que todo o mundo fai e poñer o espertador a 10 km. para ter que erguerse.
    E si ergueste pero logo volveste deitar.

    ResponderEliminar