19.9.12

Os culpables da crise.

Xa van demasiadas risas neste blog e creo necesario tamen tratar a parte seria da situación actual que todos estamos vivindo, así que decidín que as mellores palabras para facelo son as de Alba, e como non, puxenme a traducila!
Aí vai:

Encántache o diñeiro, e o poder. Tes máis cartos dos que poderías gastar en toda a túa vida, pero aínda así queres máis, e máis, E MÁIS. Especulache co que che deu a gana sen importarche o máis mínimo as consecuencias que puidera ter. Estafache con inmobles, petróleo, recursos humans e incluso comida.
Ti e os teus amiguiños sodes os culpables de que estemos metidos nesta trampa social e económica e agora chorádes para que vos saquen as castañas do lume e sodes tan inútiles que nos responsabilizades aos demais.
Queredes que apertemos o cinturón e mentres vós vaixádesnos os pantalóns. Que traballemos máis cobrando moito menos, incluso gratis se fai falla, e mentres imaxínovos nalgunha luxosa habitación dalgún hotel repartíndovos a pasta como se a gañarades por vós mesmos.
Pero isto non é de agora. Fai anos que nos vides enganando, pero xa non vos podedes agochar. Sabedes ben quen sodes, todos o sabemos! Xa non nos enganades e os que faltan por enterarse daranse conta.
Tivésteisnos entretidos, enganados, pelexándovos para ver de quen é a culpa, se deste goberno, se do anterior ou do anterior, se é dos empresarios ou dos sindicatos. Ninguén vos tiña en conta, pero non era casualidade. Xa vos encargárades de comprar aos medios de comunicación para que se pelexaran entre eles, pero xa non enganades a NAIDE.
Os donos dos grandes bancos, os das grandes empresas, os que manexades a Bolsa sodes os culpables disto. Enganástedes a todo o mundo para que fixésemos o mellor para vós repetindo excusas e mentiras, manipulando día tras día, e desta forma unha mentira repetida mil veces convertíase en verdade.
Que se "el mercado se autorregula", que se "España va bien", que se terrorismo por aló, que se liberdades por acolá, pero sempre utilizando cínicamente a palabra democracia, mais eran todo mentiras! Un repertorio de marionetas mentirosas compulsivas, tan convencidas do que dicían que nos enganaron a todos.
Se tanto vos gustan os cartos, xa os podedes comer, porque cando non haxa nada que comprar vai ser o único que teñades.

E eu son unha imbécil da xeración perdida, unha ilusa que cría que podíamos ter unha vida cómoda como as que viamos ao noso redor. Unha pequena que pensou que sendo boa persoa, boa estudiante, tendo unha carreira e un pouquiño de sorte podía ter unha vida digna e feliz. Unha idiota que pensaba que ao principio había que foderse, que os inicios eran duros pero que co tempo se recoñecería o meu esforzo e o meu traballo.
Somos como un burro intentando alcanzar a cenoria que colga diante das nosas cabezas, puxéronnos a mel nos beizos, pero mentiron. Pois acabouse.
Pola miña parte non penso seguir andando ata que non teña a seguridade de que son capaz de alcanzar a cenoria, e ata que non saboree esa mel que nos prometeron non penso comprarme unha casa, nin un coche. Non penso traer fillos ao mundo e moito menos pedir un crédito, endeudarme ou hipotecarme.
Ata que non teña un traballo digno e un salario decente non penso traballar, non penso mover un dedo. Peor para min, pero tamén para vós, samesugas. E se morro de fame, polo menos morrerei coa conciencia tranquila sabendo que non me poidestedes zugar o sangue.
Danos igual non ter futuro, porque tal e como estamos non hai futuro! E só espero que toda a miña xeración faga o mesmo. Pode que vaiamos afundir pero, e aí vén o mellor, levarémosvos con nós.
Somos o futuro pero non temos futuro. Pois ben, se nós somos os que temos que asegurar as vosas pensións levádelo claro. Seguide explotando os recursos e as persoas. Seguide xogando cos cartos do petróleo, das casas ou do arroz porque non vos vai servir de nada cando ninguén queira traballar para uns poucos.
Teredes cartos para comprar millóns de trufas blancas pero ninguén que as cultive para vós, porque estamos fartos de que vivades como deuses mentres nos dades as vosas migallas, e cando os demais vexan que só nos ofrecedes esas migallas e cando vexan que a este paso nunca desfrutaremos dunha vida normal, que todo o que nos ofrecedes é unha cenoria ao final dun pao, entón será cando teñades que comervos o voso puto diñeiro. 


                                                 Aquí o vídeo orixinal-Alba Koala Rabioso 
                        


"Detrás do home burgués sempre hai unha gran muller, detras do revolucionario non hai naide, pois a súa compañeira camiña ao seu lado, nunca detrás"
                        
L.

15.9.12

Odio, sentimento universal.


Odio: emoción de profunda antipatía, rancor, desgusto, aversión, enemizade ou repulsión cara unha persoa, cousa ou fenómeno, así como o desexo de evitar, limitar ou destruír o obxecto ou a persoa odiada.

A verdade é que a palabra "odio" ultimamente se utiliza moi á lixeira, sen embargo nos tempos que corren é un sentimento bastante común cara certos aspectos...véxase o goberno, o paro, a crise, o IVA, a falta de cartos, o retraso da xubilación, os recortes, a negación das becas, as hipotecas e, como non, o comezo do novo curso.
Sen embargo, a miña intención non é poñer a parir a situación actual do país, que iso xa o fai a maior parte da xente. A miña intención é falar de cousas odiosas de verdade, cousas que nos ocorren día a día e que producen no noso interior unha emanación de emocións, todas elas negativas e con intencións destrutivas. Comezamos:

Sen dúbida ningunha, os obxectivos da maior parte do odio provinte dos países desenvolvidos son as IMPRESORAS. En principio, é un aparato que serve para que ti poidas pasar ao papel documentos en formato dixital. É un proceso moi sinxelo que só consiste en conectar a impresora á corrente, acendela, poñerlle un folio, darlle a "Imprimir" e xa está, impreso.
JAH! Ríome eu do proceso sinxelo! Mira: JAJAJAJAJAJA....non. Non vai ser así, porque a cola de impresión pode estar chea que a impresora non vai nin molestarse en facer o ruidillo ese desquiciante que ela fai cando se digna a imprimir algo. E só falta que se digne a facelo, porque entón non haberá papel e ti correrás como se estiveses a dous metros de destruír o anel do poder, pero todo será inútil, porque non chegarás a tempo, e se chegas a tempo non haberá tinta (que por outra parte, o cartucho polo que custa ben podía traer dentro sangue de unicornio). E xa é moi pouco probable que se dea o caso e ocorran todos estes fenómenos positivos, pero se se deran, sairía impresión torta. Solución: pegarlle. (non está probado científicamente que funcione)

Se coincide que ese día os astros están posicionados correctamente, quizá incluso consegues imprimilo, e nese caso poderás durmir en paz e tranquilidade. A non ser...A non ser que veña un odioso mosquito a tocarche as pelotas. Porque ti xa case estás durmido, quentiño, nesa posición idónea que nunca se dá recuperado cando...bzzzZZZZzzzz...E nese momento ti sabes que esa noite non vai ser apacible, que os soños van ser pesadelos e que terás que abandoar a posición idónea para erguerte buscar o mosquito, ao que ti te imaxinas fregando as mans cun sorriso maléfico. Non o vas encontrar, e o peor é que ao mellor ao día seguinte ves que nin sequera te picou, vaia, que o único ao que se dedicou foi a tocar as pelotas, como dixen ao principio.

Pero ao fin e ao cabo na maioría dos casos o odio vai dirixido cara certas persoas que fan cousas moi molestas para ti pero que, sexa por educación ou sexa por evitar unha masacre, acabas pasando por alto... ou non volvendo saír da casa.
Refírome sobre todo á xente que non sabe manter unha conversación normal, unha conversación simplemente oral, sen contacto físico, porque hai señoras tan sumamente "cariñosas" que con cada golpe de voz que dean van añadir un golpeciño no brazo porque pensan que así lle aportan énfasis á información, señoras que non manteñen a fistancia de seguridade nunha conversación, que che falan tan tan cerca que poderías arrancarlles os pelos do bigote cos dentes.
En principio parece que ten fácil solución, pero non, porque cando ti te apartes lixeiramente para evitar que o teu sustento de auga se basee no cuspe da persoa allea, a señora avanzará un paso máis adiante, ameazadora.

Que esa é outra, o odioso cuspe. Todo o mundo cuspe algunha vez ao falar, pequenos despistes ou fallos bucodentais, pero...E cando o cuspe remata na túa cara? Aquí preséntase unha situación sumamente violenta que podería rematar verdadeiramente mal, porque ti sentes o cuspe na cara e debes resistir o asco, porque se te limpas a outra persoa darase conta e iso dará lugar a un ambiente sumamente incómodo, entón...Que fas? Aguantar con esa pequena cantidade de substancia allea e fría sobre ti? Dicirllo? Facer como que te rascas? Quen sabe, isto é como a ortografía dun cani, nunca sae ben.

Outro detalle que pon a un de mala hostia é o seguinte: Ti estás nunha sala de espera, poñamos por exemplo, estás sentad@ e non hai ninguén máis, ou sexa que todas as cadeiras restantes están baleiras. Ben, pois sempre vai haber alguén que se empeñe en sentarse ao teu lado, aí, co brazo ben pegado a ti e restregándocho para que sexas ben consciente da súa presenza. Vaia, que como por enriba sexa unha persoa das que che tocan o brazo ao falar...

E logo hai outras cousas odiosas que non necesitan tanta explicación porque todos somos moi conscientes do repulsivas que son, como a xente que masca chicle coa boca aberta facendo ese desagradable ruído que a todos pon nerviosos ou como os chicles de melón, que fan doer a mandíbula do duros que están...
Como o pegamento cheo de merda que queda sempre que arrincas unha pegatina que é completamente inevitable deixar no sitio ou como os anuncios de Fanta, porque o primeiro estivo ben e fixo graza, pero ata aquí chegamos, porque os seguintes dan pena.

E por último, hai unha cousa que todos vamos odiar, e son os chinos aplicados, porque ti podes dalo todo na vida, loitar polo teu soño e aplicarte todo o que poidas nalgunha habilidade que ti teñas, pero sempre vai haber un chino en Youtube que o faga mellor.


"Deberías preocuparte máis pola túa conciencia que pola túa reputación, porque a túa conciencia é o que ti eres e a túa reputación é o que outros pensan de ti, e o que os demáis pensen de ti é problema seu"- Bob Marley

L.